Campus de Aveiro

Cuarto Campus Internacional Climántica en Fábrica Centro de Ciencia Viva de Aveiro.

Este campus celebrase en Aveiro do 3 ao 7 de setembro de 2021 (plan A) ou do 9 ao 13 de abril de 2022 (plan B) ou do 1 ao 5 de xullo de 2022 (plan C) ou do 3 ao 7 de setembro de 2022 (plan D) según a evolución da pandemia. A súa planificación seguirá o modelo seguido as tres edicións anteriores celebradas en Fábrica, Centro de divulgación científica da Universidade de Aveiro e de Ciencia Viva. Consiste nun evento no que os alumnos traballan en equipos internacionais para producir curtametraxes e unha obra de teatro musical.

Foto Aveiro 1

Os alumnos que produciran as curtametraxes agruparanse en equipos de 10 no que cada un terá un rol dunha produtora seleccionado previamente. Na formación dos grupos buscarase que estes queden equilibrados en canto a xénero, a talentos polos que destacaron nos produtos que publicaron na plataforma do congreso virtual CLMNTK20 a través da cal se desenvolverá o proceso de selección.

Os que traballen no musical serán aqueles seleccionados que elixan formar parte do grupo de teatro ou da banda de música. Este proxecto require así́ de dous grupos de traballo que terán momentos de coordinación: Grupo de teatro e Banda de Música.

Foto Aveiro 2

Cada estudante ademais de elixir un grupo de traballo para proxectos (curtametraxe, teatro ou banda), elixe tamén un taller para fortalecer competencias que se requiren para o bo desenvolvemento dos proxectos (foto e vídeo, edición de vídeo, danza, canto, improvisación musical ou teatral, artes plástica, luz e hologramas para escenografía, gifs animados e deseño gráfico, robótica, impresión 3D, prácticas de ciencia..).

Foto 3. Aveiro

Os tempos nos grupos de traballo de proxectos (curtametraxes, teatro e banda musical) compleméntanse con tempos de traballo destinados aos talleres que fortalecen competencias necesarias para o desenvolvemento de proxectos. Pode visualizarse neste programa a combinación destes dous tipos de actividades con outras lúdicas e de convivencia.

CLMNTK20